Begoña Caamaño, a xornalista e escritora, foise onte pola tarde, despois dunha longa enfermidade.
Autora de libros como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, obtivo premios coma o Ánxel Casal da AGE ao mellor libro de ficción, o premio da AELG á mellor obra narratica do 2912, o premio da crítica de narrativa galega, o premio Antón Losada Diéguez do 2013 e premio da Crítica española ao mellor libro de narrativa.
A súa foi unha obra meteórica que nos devolveu aos mitos que sempre foron de noso: a materia de Irlanda e as viaxes de Ulises (desta vez con Penélope e Circe mirándose sobre a cabeza do loitador). Con ela volvemos a percorrer os camiños de Cunqueiro, volvendo aos tempos que nunca se foron, agora vistos coa mirada de muller, unha mirada lila.
As súas palabras:
“Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte
na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos
vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e
secundari@”, defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no
mundo. (…)”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario