Fran Bueno acaba de facerse co Premio Castelao de Banda Deseñada, na súa VIII edición, coa obra Catálogo oneroso de beleza gratuíta. Este autor é suficientemente coñecido entre nós polas súas colaboracións nas revistas Tótem, Frente Comixario, Elipse e BD Banda, por publicacións como O máxico arrecendo. ou División azul. Ten unha liña de colaboración coa escritora Marilar Aleixandre que dará lugar a con ¿De quen é a auga?, Parando a marea negra, Vivir no solo e O sabor das mazáns que son publicados polo Consello da Cultura Galega, e a serie Os Escachapedras que verá a luz na revista Golfiño.
En 2004 comeza a súa andaina internacional, en Francia con Sales coups sur
Strombo (guión de Pierre Veys) na revista Lafeust (Soleil) e en Estados Unidos con Noble
Causes (Image) con guión de Jay Faerber.
No hay comentarios:
Publicar un comentario