Estamos a asistir a un cambio de política en relación á exportación de literatura galega.
Seguindo a estela de Kalandraka e OQO, Espiral Maior ou El Patito Editorial, outras editoras galegas lánzanse a publicar directamente as traducións ao castelán. sen necesidade de vender os dereitos a editoriais foráneas.
Na última deira Liber, Galaxia da man de Boa Music, lanzou a colección Sueños del Gatipedro, unha serie de libro-discos que achegan o traballo de músicos
galegos ao público infantil en castelán. Magín Blanco e Mamacabra son os
protagonistas desta estrea. A aposta cobra aínda máis importancia se temos en
conta que en breve a editora prevé presentar Mar Maior. Galaxia busca atopar na rede de galegos no mundo a súa potencial clientela e base de
difusión. Así, mercados como os de Sudamérica, México, España ou Portugal
preséntanse como obxectivos preferentes con produtos como Os galegos e a
Arxentina un ambicioso libro-álbum en grande formato que terá versións en
galego e castelán. Canda a isto, editar para España os traballos en castelán de
autores galegos como Cunqueiro ou Blanco Amor e traducir para este mercado obras
doutros escritores e escritoras do país fan parte deste ambicioso proxecto.
Tamén Rinoceronte editoras, enfronta o mercado en castelán cunha liña
infantil e outra para adultos. Así, en 2011 presentaba o selo Pulp Books
centrado especificamente na edición de autores/as galegas en castelán e noutras linguas. Aí pódense atopar a tradución ao xaponés de A
arte do fracaso de Berta Dávila ou a Diego Ameixeiras en italiano ou alemán, a Iolanda Zúñiga en catalán ou a Fran Alonso en
castelán.
Recollido da páxina lg3 do Consello da Cultura Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario