Todo un luxo!
Paco Nogueiras semella coñecer moi ben o mundo da escola, das celebracións cíclicas e cívicas, das necesidades que sentimos e dálle resposta. E ben que o fai! Na súa páxina aparece "A través das nosas cancións atoparás unha alternativa para traballar cos nen@s"
Da súa man paseamos por Meu mundo é, facemos as paradas correspondentes á festa de outono no Rap do magosto e No samaín, á de Nadal con O apalpador, á da paz con Apertas que voan, á do Antroido con O Antroiteiro e O Antroido move o corpo, ás de abril con Nun libro, ás das Letras con ese Espírito Vidal Bolaño que tanto agradecemos. Quedounos atrás Cos pés na Terra, unha chiscadela ao medio ambiente?
Escoitámolo e temos ganas de bailalo, si, con ganas e toda a alegría que merecemos e nos piden as festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario