Ambientada a fins do XIX e no Estado de Texas, cóntanos en primeira persoa a vida dunha rapaza de once anos que asiste ao cambio de século. E tamén á mudanza que se está a producir na propia familia onde ela é a única muller entre sete irmáns. Por un lado están os primeiros amores (reais e platónicos dependendo da idade) dos irmáns máis vellos, por outro as expectativas da súa nai en relación a ela, pero no primeiro plano, faise presente o vínculo que nese semestre establece co avó.
Calpurnia oíra falar do libro A evolución das especies do Sr. Darwin e vaino buscar á biblioteca pública. Non o teñen, pero poderiano pedir a Austin ("Serían cincuenta centavos. Tes os cincuenta centavos?", pregunta a bibliotecaría. -E ademais precisaría unha carta da túa nai para leres ese libro en concreto"). Necesítao ler, porque ela é unha naturalista, unha observadora, unha pensadora que escoita as conversas dos seus maiores e así descobre a Darwin e o seu libro, que está nin máis nin menos que na biblioteca do avó; co libro descubrirao a el, e xuntos unha nova planta que o Instituto Smithoniano lles recoñece dándolle o seu apelido. Co avó busca especimes na natureza e realiza experimentos no laboratorio. Paralelamente, a nai loita por convertela nunha señorita do seu tempo, por introducila nun rol contra o que ela se rebela. Todo anda a cambiar... e nós asistimos a esa mutación das mans de Calpurnia, a través das súas emocións, e dos ambientes sureños tan recreados no boa literatura nortemamericana.
Esta é a primeira e premiada novela de Jacqueline Kelly que se publicou por primeira vez en 1.999. As ilustracións de Beth White coa súa delicadeza e acerto acompañan moi ben o texto.
Unha boa aposta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario