¡A IGUALDADE tamén CONTA!
"A igualdade conta" é o nome da colección de libros destinados á infancia, que xira arredor do tema da igualdade entre homes e mulleres, e que está a publicar Edicións Embora.
Varios títulos están xa nas librarías: O País dos mandóns, A urna dos desexos, O segredo de Flora, Iriña bailarina, Teño dúas casas e Canto te quero, profe! Os textos son de Cristina Justo e Paloma Rodríguez e as ilustracións de Spela Trobec.
Libros escritos para que a rapazada se identifique con determinados roles, que non son os tradicionais. Libros escritos para que o profesorado e as familias teñan máis doado o tratamento dos temas da igualdade entre os sexos.
Libros escritos con ese propósito de normalizar situacións, de botar abaixo estereotipos e de situarnos ante un novo imaxinario que se debe facer realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario