12/5/15
De mulleres con nome propio
Exeria. Nos límites do mundo é un libro de Arturo Iglesias con ilustracións de Xosé Tomás, que se sitúa dentro da colección "Historia das exploradoras galegas" de Baía Edicións.
En primeira persoa e con moito apoio de imaxes, Exeria, vainos contando a súa vida desde os pirmeiros anos ata o camiño de volta daquela aventura que a levou desde Gallaecia ata a zona habitada polos persas no século IV.
Un libro para ler, para informarse, para relacionar coa Historia, a xeografía e a vida das mulleres (tantos século agachada).
Co nome de Exeria creouse unha aplicación para unha linguaxe non-sexista por parte da Secretaría de Igualdade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario