10/12/13

Un libro de raposo e mestra ¡menuda combinación!

A última obra de Manuel O´Rivas para lectores autónomos leva ese título O raposo e a mestra. Semellaba que quedaban lonxe os contos de raposos, semellaba que as mestras non tiñan moita relación con estes animais ben coñecidos pola súa "raposería", pero nada é definitivo, aquí aparece unha historia de moza vexetariana que toca o piano e é quen de entenderse cun raposo fillo de lobo, que mira o solpor e enche os ollos de luz.
Un xogo cheo de relembranzas, de músicas de variadas culturas e de palabras que queren pillarnos de sorpresa para botar unha risadiña pequena pequena... de lado.
As ilustracións de Jacobo Fernández Serrano tamén queren desconcertarnos un chisco, presentándose en forma de viñetas, aínda que co seu estilo habitual. 
Sempre son benvidos ¡ambos creadores!
E tamén as mestras que len e dan de ler, porque...
Houbo unha vez unha moza que se chamaba S. Andaba polo supermercado, da viliña do fin do mundo, buscando algo. De pronto, o que atopou foi ao escritor dos libros que se movían pola biblioteca escolar coma pola súa casa. Coa sorpresa quedouno mirando e só dixo "Eu son mestra". 
E é que non se pode ser máis, aínda que digan que en Finlandia isto está máis claro. ¡Para todas as mestras
e o monte Pindo!

No hay comentarios: