Publicado por Kalandraka, CoraSons é presentado como "un libro-cd-dvd que reúne fotografías, músicas e un completo traballo audiovisual sobre o proxecto que, baixo a 
dirección de Uxía, reúne un feixe de 
destacados intérpretes galaico-lusófonos. 
“…Corações de Galiza, Portugal, Brasil e 
Angola pulsando, batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques» 
diferentes”.
[Fragmento do limiar de Uxía] 
“Cada imagem conta uma história, um momento 
irrepetível, adquirindo múltiplos sentidos, para quem contempla. Recriar, 
improvisar, jogar com os reflexos e com a desfocagem, procurar a geometria da 
minúcia, desafiar as sombras e a magia, ousar a poesia e a simplicidade, dar à 
luz cor e metáforas…”
[Fragmento do limiar de Isabel Leal] 
“Unha mostra, encontros, química, música… E 
amizade, por cima de todo a amizade… e a lingua común”
 [Fragmento do limiar de Carlos Blanco]
CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais a través 
da páxina “Quem vê corações” e materializouse inicialmente nunha 
exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital posterior coa 
participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de 
Compostela. A ese encontro seguiulle un gran concerto celebrado na Illa de Arousa ao que 
se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por 
Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía 
convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.

 
No hay comentarios:
Publicar un comentario