A terra
queima.
A historia de
Xurxo Souto, as ilustracións de Sesé Barreiro, as fotografías de Xulio Rey e a
música de Lalo Carnota, quen dá máis?
Certamente, os
produtos que están a saír das editoriais galegas andan na busca do libro total,
da obra completa que integra diferentes manifestacións culturais, para dar
acceso a todo ese mundo creativo que anda a fluír polo noso mundo. Non sabemos
que facer con tanta imaxinación e inventiva, ou mellor dito, si sabemos e por
iso o plasmamos en diferentes linguaxes que van do analóxico ao dixital, da palabra
falada / cantada á escrita, da pintura á fotografía. Unha historia que bebe dun
imaxinario que xa é fundamento, coa natureza como escenario e unha localización
real e que sirve de referencia para todos nós: as proximidades da torre de
Hércules, o ollo de deus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario