O gañador do I Premio "Muíño do Vento" de Textos de Contraportada foi a obra O mundo secreto de Basilius Hoffman: Un faro na escuridade do autor Fernando M. Cimadevila, publicado por Urco editora.
Pódese acceder á acta do xurado na páxina web da asociación Muíño do Vento de Canido.
O premio, que consiste nun cadro do pintor ferrolán Poldo Rapela, entregarallo o alumnado gañador do certame literario Inventa unha flor, convocado en centros educativos de Canido, nun acto músico-festivo que terá lugar na Praza do Cruceiro de Canido o vindeiro sábado 4 de maio, ás 12 horas. Parabéns, de novo, pola iniciativa!

Na contraportada pode lerse:
"Existe un lugar perdido no profundo da noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados, azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns... A Cidade dos Tellados non ten súas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras que sortean o nebulosos mundo que existe baixo a súa superficie. Un segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras ese labirindo insondable. pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que habita no noso interior."
E un pouco máis abaixo...
"Regresan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e arqueólogo de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truhán a xornada completa. Nesta ocasión a súa procura do lendario Diario do Cartógrafo levarao a descubrir novos e misteriosos lugares, asombrosos inventos alquímicos, inquietantes criaturas, e tamén a desenterrar escuros segredos que nunca deberían ver a luz"
No hay comentarios:
Publicar un comentario