29/4/13

O PRINCIPIÑO libre de dereitos de autor (para o 2014)


Para festexar o seu 70 cumpreanos, sae a última edición comercial d¨O Principiño.
No 2014 será liberado dos dereitos de autor para entregarse como un legado á humanidade; daquela tamén se inaugurará o museo dedicado a esta obra, na mansión do século XVIII, onde Antoine de Saint-Exupéry pasaba os veráns da súa infancia.
Esta obra, publicada por primeira vez o 6 de abril de 1943, foi traducida a máis de cento oitenta linguas, converténdose nunha das máis recoñecidas da literatura universal.
Un libro para os máis novos e os máis vellos, que admite moitas e variadas lecturas, que trata os temas que sempre serán que están presentes sexan cales sexas os tempos no que o lemos.
Unha das mellores traducións é a galega, realizada por Carlos Casares en 1972, e recoñecida internacionalmente.

 

1 comentario:

Beba Guimaraes dijo...

A min gustoume moito este libro porque é unha historia na que un neno que lle gusta dibuxar e os maiores non lle deixan e lle dicen que ten outras profesións no mundo e que ser pintor non serve para nada e, cando volvese maior convertese en piloto e un día voando chega a un planeta diminuto no que un neno pidelle que lle dibuxe un cordeiro e ao chegar a terra cumpre seu soño de ser pintor.