Os premios Frei Martín Sarmiento (IX Edición) deste ano, premian na categoría de 1º e 2º de ESO a obra Mortos de ningures (Everest Galicia), escrito a catro mans por Pereledi (Pere Tobaruela e Ledicia Costas) e ilustrado por Andrés Meixide.
Na categoría de Bacharelato resultou ganadora a obra de X. H. Rivadulla Corcón O noso amor será eterno (Xerais). Así o comenta o autor "Este premio debe considerarse para todos os muxiáns de ben, porque está escrito coa inspiración da lenda da Furna da Buserana, a lenda nacional dos muxiáns, e porque está tecido cos vimbios da cultura propia de Muxía, e por suposto de toda a Costa da Morte"
Os premios literarios Frei Martín Sarmiento, organizados pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas de FERE de Galicia, concedeselle ás mellores obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego e ten a singularidade de que os gañadores son elixidos a través do voto dos seus lectores finais (arredor de 2.500 nenas e nenos a través do seu centro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario