A poesía ten música, desde sempre. Cada un vaille poñendo a súa. Cada unha das persoas creadoras e tamén cada unha das lectoras. Quen escribe / di e quen le / escoita. Algunha vez a lectora ponlle a súa música para compartir con outras, de tal maneira que a poesía pasa a ser música total. Algo diso sucede con AID e o seu traballo Rapoemas, un libro - disco no que musica grandes poesías do século XIX e XX, como "A xusticia pola man", "Castellanos de Castilla", "O maio", "Cantarte hei, Galicia"... dos poetas Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Manuel Antonio.
A POESÍA ESTÁ VIVA! ... Escoitade.
Video gravado na praza do concello de Carballo e publicado por Nel Vidal en You Tube
No hay comentarios:
Publicar un comentario