Poesíagalega.org (arquivo de poéticas contemporáneas na cultura), recuperou as voces dunha serie de recitais realizados en locais do casco vello de Santiago. Estes documentos de propiedade de Rafa Villar foron gravados entre os anos 1997 e 2000, nas vinte e sete presentacións dos libros de Edicións do Dragón de Paco Souto e as de Letras de Cal da Asociación cultural Amaía e moi ligada ao Batallón literario da costa da morte. Así, pódense escoitar as voces de Marilar Aleixandre, Anxo Angueira, Helena de Carlos, Eduardo Estévez, Paco Souto, Modesto Fraga, Claudio Pato, Séchu Sende,...
Esta páxina, poesiagalega.org, é un proxecto do grupo GAAP (Grupo Alea de Análise Poética), coa colaboración do Consello da Cultura Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario