Acaba de saír do forno unha nova edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, un libro fundacional da nosa literatura e alborada do rexurdimento das nosas letras.
Neste caso, ven da man de El Patito Editorial e con ilustrracións de Pepe Barro. Unhas ilustracións nas que o deseño paila coas cores, coas texturas e materias, con fotos de elementos vexetais ou patrimoniais, de terra terra ou da formación de figuras a modo de calidoscopio, marabillosas tipografías... figuras que nacen do xogo; telas, sal e terra combinándose para achegarse a un mundo que é feminino pero tamén plural. De todo hai, para ver e para ler, para reler, para volver unha e outra vez aos versos de Rosalía, sempre Rosalía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario