Zeralda e o dragón, un dos últimos libros de Agustín Fernández Paz, ilustrado Fran Jaraba (que xa ilustrara tamén a primeira versión publicada na colección A Chalupa) e publicado por Galaxia.
Trátase da reescritura dunha obra anterior de título O tesouro do dragón Smaug
Trata dunha princesa valente. Ela irá á cova do dragón Moghur para roubarlle o cofre do tesouro e tamén o Anel de Luz. Para iso ha de bañarse na Lagoa Negra, para non ser vista nin descuberta a través do olfato excepcional do dragón. Pero o dragón non se dá por vencido e acudir ao bruxo Ogomei que o transforma nun príncipe que a namora. De aí para diante... vos diredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario