Recollemos da súa páxina
“Tras pechar o día 15 de xaneiro as votacións temos, un ano máis, os resultados cos que as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2012. En total, este ano recibimos 453 enquisas. (...) Estes premios queren reflectir a voz dos lectores e das lectoras galegas. A voz dos que somos receptores e consumidores dos libros que @s escritor@s e editoriais poñen nas librarías e nas bibliotecas. E agora os resultados e os nosos parabéns aos premiados…
- Mellor libro de Narrativa de adultos para As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais).
- Mellor libro de Literatura dramática para o Banqueiros, de varios autores (Laiovento).
- Mellor libro traducido ao galego para adultos para Mr. Gwyn, de Alessandro Baricco (Galaxia).
- Mellor libro infantil para María Fumaça, de varios autores (Galaxia).
- Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Lilus Kikus, de Elena Poniatowska, traducido por Teresa Moure (Trifolium).
- Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
- Ilustrador do ano para Miguelanxo Prado.
- Mellor portada dun libro para adultos para Tonas de laranxa (Xerais).
- Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Palabras de auga (Xerais).
- Mellor editorial para Xerais.
- Mellor crítico/a para Armando Requeixo.
- O peor acontecido para a política cultural da Xunta.
- Mellor Libraría para a libraría Couceiro.
- Mellor medio de comunicación para Praza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario