RedeLibros, a rede social galega, realiza cada ano, unha selección dos máis destacados na opinión dos lectores. Así nolo explican: "Tras unha primeira fase onde se propuñan os candidatos nas diferentes categorías, os membros de RedeLibros votaron nunha segunda quenda para seleccionar os e as gañadoras nos diferentes apartados"
Ainda que se trata dunha selección xeral (non centrada na literatura infantil) recollémola porque se trata de destacados dentro da produción galega.
É a que segue:
Gañadores dos máis destacados do 2012:
- Editorial galega: Contos Estraños Editora.
- Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
- Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
- Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
- Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
- Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
- Ilustrador: Iván Valladares.
- Tradutor: Tomás González Ahola.
- Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
- Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
- Crítico máis destacado: Armando Requeixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario