O paraugas amarelo, con texto de Joel Franz Rossell e ilustracións de Giulia Frances, traducido por Xosé Ballesteros na colección Maremar de Kalandraka.
Un mundo gris no que os paraugas e as vidas teñen esa cor. Nunha fábrica de paraugas, un operario ten unha idea: tocar a panca “tinta amarelo pito” para que poida verse un paraugas cor de sol baixo a chuvia. Non é éxito o que lle agarda a este paraugas... despois de ser ocultado e posteriormente permanencer no escaparate xunto con outras cousas rebaixadas, será escollido por un paiaso que o leva ao circo. A pesar de que esa non é a vida que el soñara, acabará feliz porque atopou un mundo que ten cores e a xente despois da función “volve á súa casa contenta, coma quen leva un xirasol a moverse dentro do seu peito.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario