Ana Mª Machado acadou o novo Premio Iberoamericano de literatura infantil e xuvenil. Despois de Agustín Fernández Paz, chegou –de novo- o momento da literatura brasileña da man dunha muller que xa conseguira o máximo galardón deste ámbito, o Ándersen. É o tempo dos escritores dignos, daqueles que nos poden ensinar o amor polo libros e o valor da lectura ao longo da vida. Non hai máis que ver a súa conferencia inaugural no Congreso Iberoamericano de las Lenguas en la Educación y la Cultura.
Vexamos cales foron os autores e autoras anteriormente premiados: Juan Farias (2006), Montserrat del Amo y Gili (2007), Bartolomeu Campos de Queirós (2008), María Teresa Andruetto (2009), Laura Devetach (2010) e o galego Agustín Fernández Paz (2011).
No hay comentarios:
Publicar un comentario