Catro amigos pillabáns de Ramón Caride, semella unha homenaxe a aquela marabillosa serie de Tres amigos de Helme Heine, tamén publicados por Xerais. Como nisa, estes amigos (un porco, un gato, un caracol e un rato) son ben distintos, pero iso non lles impide entenderse e correr grandes aventuras xuntos.
Cunhas magníficas ilustracións de Manuel Uhía, cóntase a historia de catro amigos que rematan sendo cinco: Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato... e Verdegarto. Adiviña de que animal se trata e cales son as súas aventuras na escola, no zoo, no cine, co bastón máxico, no mar ou no circo. Lonxe ou de volta á casa... os amigos son amigos.
Leamos:
“E os bastóns máxicos, coma as lámpadas máxicas e todos os obxectos máxicos en xeral, teñen a propiedade de encoller o tempo para os que están fóra e estiralo para os que están dentro.
Pensade nun libro, que é un chico máxico. Nun libro calquera, que ledes por vez primeira. Mesneste se cadra: a que, cando vos gustamoito, estades dentro del e pasan moitas cousas? E a que, cando saídes do libro, o tempo fíxose curto de máis? Pois entón.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario