Dun tempo é unha terra, publicado na colección Ardentía de Tambre. Este título, que se recolle da cita de Salvatore Quasimodo que encabeza a edición de Longa noite de pedra:
"Ser dun tempo e dunha terra. Eis o segredo da
poesía máis humana e verdadeira."
Unha selección dos poemas máis representativos de Celso Emilio Ferreiro realizada por Gonzalo Navaza e ilustrada por David Pintor neste ano no que se celebra o centenario do poeta.
Recollemos esta entrada de BLIX (Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil) porque non se pode dicir mellor, en tan pouco espazo:
Logo dunha breve introdución biográfica, reúnense 44 poemas agrupados en apartados temáticos:
"O descontento co presente" recolle nove poemas sobre a sociedade do seu tempo, dende a Ditadura franquista á guerra de Vietnam.
En "O tempo, a nostalxia do paraíso, o desacougo" aparecen a infancia e a mocidade sentidas como un tempo edénico e feliz.
"O compromiso cos que sofren a historia" presenta ao poeta que sente como propios os padecementos dos outros.
"O amor" pola muller, Moraima, ou filial-materno.
"A esperanza" nun futuro de liberdade, que nun momento da súa vida cre ver na emigración, e xustiza.
"A terra" natal, que conforma o paraíso perdido da infancia, e o seu país, cunha lingua de seu coa que o escritor pon de manifesto o seu compromiso.
"A sátira, o escarnio": o humor e a vea satírica de longa tradición na literatura galega, presentada ás veces anonimamente ou baixo pseudónimos.
Acompañan os textos unhas breves introducións contexturalizadoras e unhas mínimas notas lingüísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario