Castelao. O pobre tolo con guión de Inacio Vilariño e debuxos de Iván Suárez é o primeiro dunha serie na que se recolle a vida deste home fundamental na historia e na cultura de Galicia. Pintor, escritor e político... Castelao representa a personalidade máis rica dunha das mellores épocas históricas deste país.
O título do cómic débese á obra do mesmo nome de Teixeira de Pascoaes, que Castelao estaba a ler nos tempos que se recollen neste volume.
Esta obra foi editada conxuntamente por Demo editora e KÓMIC, que celebraba así os 25 anos de libraría especializada no mundo dos cómics.
Os autores recibiron o Premio de BD Castelao da Deputación da Coruña en 2011 por Titoán, que fai parte desta serie biográfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario