A Fundación Germán Sánchez Ruipérez viña mantendo unha rede de selección de libros infantís e xuvenís, o resultado da cal se publicaba na páxina, onde se poden atopar as publicacións destas escollas a partir do ano 2002/2003 e ata o 2008 / 2009, á espera da última. O que comezara presentándose por idade: de 3 a 7 anos, de 8 a 11, de 12 a 15 (as tres primeiras) converteuse nunha publicación na que se recollían todas as idades (3 a 15, a partir de 2006 / 2007) e perdeu o formato papel na última edición. A crise vai facendo os seus estragos... Unhas seleccións nas que se recollía o mellor do publicado nas catro linguas, revisado por expertos de organizacións representativas de todas elas, coordinados por Pablo Barrena, como se pode ver ... • ALIN. Amigos y Amigas del Libro Infantil y Juvenil • Asesoría de Bibliotecas Escolares. Consellería de Educación. Galicia • Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil / Revista Lazarillo • ClijCAT. Consell Catalá del Llibre per Infants / Revista Faristol • Fundación Germán Sánchez Ruipérez • Fundación Municipal de Cultura, Educación y Universidad Popular de Gijón • GALIX. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil • Galtzagorri Elkartea (Asociación vasca de literatura infantil y juvenil) • Grup de Treball de Bibliteques Infantils i Juvenils del Col.legi Oficial de Bibliotecaris-Documentalistes de Catalunya • Haur Liburu Mintegia. Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación. Mondragon Unibertsitatea • Peonza. Revista de Literatura Infantil y Juvenil • Red de Bibliotecas de la Comunidad de Madrid • Revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil) • Revista Primeras Noticias • Seminari de Bibliografía Infantil i Juvenil. Associació de Mestres Rosa Sensat • Seminario de Biblioteca y Literatura Infantil. C.P. Miguel Servet de Fraga (Huesca) • Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara • Seminario de Literatura Infantil y Juvenil / Revista Platero • Coordinación da red: Pablo Barrena Os recursos desta rede están á disposición de todos os mediadores e mediadoras, como apoio para a súa propia selección. Uns materiais fundamentais que referendan unha escolla obxectiva e de referencia, algo que estamos a necesitar sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario