2/6/08

Será que estamos de moda?


Será que estamos de moda?


... Semella que si! A semana pasada tiven ocasión de ler Os piratas da illa Esperanza de X.H. Rivadulla Corcón, publicado na colección Merlín de Xerais. Nesta noveliña, aparece recollida a experiencia dun club de lectura, que nace ventureiro coma as flores do campo, de maneira espontánea, sen necesidade de orzamentos nin profesor/a responsable.

Para que se me crea paso a recoller un fragmento:

"A Xan ocorréuselle formar un club de lectura; isto semella algo importante, pero en realidade non consiste noutra cousa que en lermos libros xuntos. Xa había tempo que o faciamos pero antes non eramos un club de lectura; chamámoslle o Club de Lectores Pedra dos Corvos, que era unha pedra que había no medio do mar, pretiño da praia, fronte ao peirao, onde paraban a descansar os corvos mariños. (...)

No club escolliamos os libros por quendas, da menor que é Lola ata Xan o maior. Cada vez que acababamos un, ao que lle tocase escollía o seguinte entre os que tiña na casa ou os que atopaba na biblioteca do colexio; logo os días de lectura liámolo en alto tamén rotando".

Así de doado, pois tal como escribe Steiner "O que necesitamos son lugares; por exemplo, unha mesa e unhas cadeiras arredor onde poidamos volver a aprender a ler, a ler xuntos." E ás veces nin sequera iso, chéganos cun libro e un grupo de amig@s con quen compartir.

No hay comentarios: