Será que estamos de moda?
Pois si, despois de citar un libro no que se recolle a experiencia dos clubs de lectura, non podía deixar de falar daquel outro no que poderedes ver o papel protagonista das mascotas de bibliotecas, a loita entre a mascota da biblioteca escolar e a da biblioteca pública, o concurso de enigmística que pode lembrar as olimpiadas do saber ou culturais...
Trátase do libro O reino ideal de Miguel Anxo Mouriño, publicado na colección Árbore.
Ademais, na información editorial cóntase que "pretende introducir os xoves lectores no engaiolante mundo da enigmística e para iso lanza, xunto coa novela, un blog no que os interesados poden saber máis desa arte e participar activamente no seu desenvolvemento a través de colaboracións abertas a todas as idades e tamén do concurso escolar DEBERES, só para estudantes de primaria e de ESO. É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en:www.blogoteca.com/buli/para saber como participar ou para mellorar os vosos coñecementos de enigmística, unha arte moi practicada noutros idiomas (nomeadamente en italiano, inglés, francés, castelán e catalán) pero case inexistente en galego. Poderedes descargar de balde un Manual de Enigmística".
No hay comentarios:
Publicar un comentario