A "Red de selección de libros infantiles y juveniles" da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, na que participan representantes de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e da revista Fadamorgana pola literatura galega, achégannos esta publicación en formato dixital. Nela poderemos ver aqueles libros escollidos da produción de literatura destinada á infancia e mocidade, de 3 a 15 anos. Unha breve reseña e a información das linguas á que está traducida, son datos sempre interesantes para ter en conta. Abramos, pois, esta fiestra e vexamos qué foi, no entender dos expertos, o mellor do que saíu á luz. Tamén debemos saber que o número de títulos de cada lingua estaba limitado pola produción. De non ser así, é moi seguro que a literatura galega tería unha meirande presenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario