26/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (VII)




De A Nosa Terra, a colección "Cadernos de medio ambiente" cos títulos:
O aire
A auga
Enerxía e medio ambiente
Os residuos
O solo...

Tamén de A Nosa Terra, a colección "Espazos naturais" cos títulos
Os ríos de Galiza
A costa de Galiza
Augas caídas. Fervenzas
Espazos naturais. Provincia da Coruña
Espazos naturais. Provincia de Lugo
Espazos naturais. Provincia de Ourense
 Espazos naturais. Provincia de Pontevedra








25/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (V)



Dentro do apartado de Ciencias, Factoría K preséntanos a colección de "Animais extraordinarios" cos títulos:
Bocas. Animais extraordinarios.
Construtores. Animais extraordinarios
Nacer. Animais extraordinarios. 
Ocultos. Animais extraordinarios
Uns libros magníficos con ilustracións moi potentes e os textos axeitados a unha publicación deste tipo. Os textos son de Xulio Gutiérrez, as ilustracións de Nicolás Fernández e a edición da Factoría (nunca tan ben dito) K.
Fóra de colección atopamos Simios de Martin Jenkins e Vicky White.


Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (IV)



De A Nosa Terra, a colección "Descubrindo os corpos" cos títulos:
O golfiño
A ra
O can
O tiranosurio
O tiburón
De Baía. a colección "Temática medioambiental" cos títulos:
A arca de Noé
Contaminación atmosférica en Galiza
Os resíduos na Galiza
Os bosques atlánticos europeos



24/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (III)

 


Como libros singulares podemos citar de Cogumelos de Galicia, publicado por A Nosa Terra.
A colección "Unidades didácticas" de Baía cos títulos:
Os incendios forestais en Galicia (con diapositivas)
Algas mariñas de Galicia (con diapositivas)
A problemática ambiental en Galicia (con diapositivas)
Glaciarismo e preriglaciarismo en Galicia (con diapositivas)
O relevo da costa (con diapositivas)
 Insectos de Galicia (con diapositivas)
Cultivos mariños en Galicia (con diapositivas)
Anfibios e reptiles de Galicia (con diapositivas)
Fieitos de Galicia (con diapositivas)
Dentro da colección "Guías prácticas" de Baía atoparemos algún título como Guía da ecoloxía cotiá.

21/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia (II)







De A Nosa Terra, unha colección pensada para os pequenos e pequenas, "Animais domésticos" con títulos como...
O coello
A ovella
A vaca 
O gato 


O cabalo
O porco 
A galiña
O can. 
A colección "Espiral de animaliños" cos títulos:
A xoaniña
A mosca
O peixe
A ra

(pena de non ter continuado!)

A colección "Que, como, cando, onde, por que" cos títulos:
As marés negras
Os incendios





20/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego para os máis pequenos (I)


En Kalandraka, na colección Duros, os títulos Colores e Números. Do autor Antonio Rubio, o ilustrador Leo Leonni e o tradutor Xosé Ballesteros. 
Na colección "Do berce á lúa", Cinco,  da autoría de Antonio Rubio e Óscar Villán 
Libros para os máis pequenos ou prelectores.
En Factoría K, na coleción Infantil, o título "Un, dous, tres. Que ves? de Nadia Budde, traducido por Xosé Ballesteros.

19/11/14

Colección de libros de ciencia en galego (I bis)






Continuamos coa "Enciclopedia Temática Ilustrada", publicada por A Nosa Terra, cos títulos:
O medio mariño
A ecoloxía
O medio terrestre
Os recursos mariños
A auga
A enerxía
A casa
Os ríos
Rocas e minerais 
O aire
A industria 
Os transportes
Os espazos naturais
O agro
Os alimentos
A paisaxe
De vez en cando hai que ser conscientes, tamén, do que perdemos.

18/11/14

Coleccións relacionadas coa ciencia (I)

 

Pouco a pouco, neste mes da ciencia en galego nas bibliotecas, imos ir presentando coleccións relacionadas coas ciencias publicadas en galego.
Comezamos coa editorial Baía.
Trataríase da colección "Guías da natureza" (dentro da sección Baía Verde)
Os títulos cos que conta, a día de hoxe, son:
Guía dos fentos de Galicia
Guía dos mamíferos de Galicia
Guía dos anfibios e réptiles de Galicia
Guía das árbores de Galicia
Guía das orquídeas de Galicia
Guía das aves de Galicia
Guía dos liques de Galicia 
Guía das microalgas de Galicia   
Guía micolóxica dos ecosistemas galegos 
Unha colección viva,  para manter e aumentar. Como sempre, dependerá de nós que esa posibilidade se converta en realidade (con rima e demais).
Co plus de calidade engadido, de que son materiais informativos feitos en Galicia, a partir da nosa realidade, non traducidos doutras linguas e outras situacións. 

14/11/14

Premios de literatura dramática

Acaban de fallarse os premios de literatura dramática da AGADIC.
O premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais correspondeu á obra Raclette de Santiago Cortegoso, o premio Manuel María de literatura dramática infantil correspondeu a Antón Cortizas por Xogando con gatos. O Barriga Verde de textos para monicreques, na modalidade infantil, foi para O lobo e a lúa de Andrea Bayer, e na modalidade de adultos fo para a obra Ela, piedade dos suicidas de Xavier Lamas
O xurado valorou...
No caso de Raclette: "a solidez da súa estrutura dramática, cun logrado equilibrio entre a ironía e o humor, como no “sabiamente dosificado” dramatismo co que transmite a realidade narrada. Partindo do concepto orixinal da ‘raclette’ como a comida en comunidade ideada polos pastores suízos para escorrentaren o frío e a soidade, Santiago Cortegoso preséntanos aquí un mosaico de cinco personaxes arredor dunha cea, a modo de ‘raclette’ urbana e contemporánea. En palabras do seu autor, os seus cinco universos “reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes”, chamando a atención sobre problemas como a hipercompetitividade, a incomunicación ou a sobreprotección".
"De Xogando con gatos, o xurado destaca como a obra enfía o rico acervo popular de transmisión oral no que o protagonista é un gato (cancións, contos, adiviñas, lengalengas...) nunha trama que pon de manifesto a desaparición gradual de toda esa literatura relacionada co xogo e coa vida social da infancia. Sobresae, así mesmo, a rica teatralidade deste texto, na que teñen cabida o musical, a danza, o mimo, as marionetas e o teatro de sombras, de xeito que –tal e como expón o ditame do premio– constitúe un magnífico material para un traballo multidisciplinar nas escolas, así como para un espectáculo escénico de gran formato".
"Así mesmo, de O lobo e a lúa, subliña o xurado a súa “innegable vontade escénica”, na que se reflicte a experiencia da súa autora á fronte da súa compañía Baobab Teatro e doutras formacións anteriores: “imaxes suxestivas e precisas, xogos dinámicos ben inseridos na situación dramática, personaxes de caracterización definida e unha temática axeitada para a franxa de idade á que vai dirixida a peza”.
De Ela, piedade dos suicidas,  "esta peza contén as claves dun proxecto escénico moi ambicioso, conseguido mediante o recurso aos obxectos, ademais dunha elevada calidade lírica dos personaxes, que dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe”.

13/11/14

Títulos matemáticos. Imos co número 10

 
Para non correr o risco de que ningún libro poida resultar invisible nos listados de seleccións matemáticas, aí van un par deles:
Dez eran dez de Xoán Babarro, ilustrado por Lázaro Enríquez, dentro da colección Merlín de Xerais.
Dez parraguesas, dez xoaniñas, dez vagalumes e des abellas... van desfilando por un libro marabilloso no que as ilustracións complementan de maneira singular os textos magníficos do autor. 
Dez abellas na laranxeira de Marilar Aleixandre con ilustracións de Pere Mejan, dentro da colección "O meu mundo" de Xerais.
Trátase de contar para atrás, de ir perdendo perdendo un elemento de cada vez... 
Así nolo presenta a editorial:
"Dez abellas na laranxeira, nove olen o azar, oito asubían contos de amor, sete lamben o zume doce, seis voan dunha folla a outra..."


Máis matemáticas na literatura infantil



Un chico diferente de Ricardo Gómez, volve a situarnos no memso espazo onde o fai O curioso incidente do can a medianoite. Cunhas magníficas ilustracións, en blanco e negro, de Jordi Vila Desclós e fotografías do autor.
Un monllo de anacos:
"Esta mañana, a las 9:32, cumplí exactamente diez años. Por tanto, ahora tengo 3653 días y unas cuantas horas" 
"Me gustó cumplir diez años. Llevaba tiempo preparándome para ello. Diez es un número de dos cifras. las personas casi siempre cumplen años que tienen dos cifras, muy pocas llegan a tres"
"-¿Te daría pena que lo devorasen las ratas?
- No sé. Visto desde el punto de vista del gorrión, si. Pero desde el punto d evista de la rata... Si yo fuera rata, me alegraría.
Calculé rápido que si un gorrión pesa 30 g. un gurriato pesaría unos 10. Una rata puede pesar 200 g. luego se comería algo 20 veces menos pesado que ella. Sería como si una persona de 70 kg se comiera un filete de 3,5 kg. ¡Un buen bocado, como para alegrarse! No dije nada de eso a Adela."

10/11/14

O último premio Jules Verne de literatura xuvenil

O Gran Reino, acadou o premio Jules Verne de literatura xuvenil, na última convocatoria.
O autor Eduardo Santiago xa contaba con obra publicada, 2044 na colección Costa Oeste e A teoría do tempo imaxinario en Urco.
Dicía o autor «Cando me comunicaron o fallo foi como unha liberación, a confirmación de que O Gran Reino é unha historia que paga a pena ser publicada, merecente ademais dun premio no que máis da metade do xurado está composto por mozas de menos de dezaoito anos.»
«Escribín O Gran Reino como unha reacción ao gran “boom” das novelas xuvenís de mundos paralelos dos primeiros anos deste século XXI. A idea deuma a miña filla Raquel, unha auténtica fonte de inspiración para min, que tamén estaba farta de ler sempre a mesma historia con distintos personaxes. Ocorréuseme que había un certo paralelismo co que acontecera a finais do século XVI coas novelas de cabalerías. E se daquela un famoso escritor colleu a pluma para novelar maxistralmente aquel sen sentido, por que non ía poder facer eu algo semellante, salvando as distancias, no século XXI? O Gran Reino é unha ficción na que se narran acontecementos reais, durísimos, mesturados con fantasías marabillosas, que farían as delicias de autores como Lewis Carrol.» 
Agora, xa publicada, é o momento de que os lectores e lectoras entren nese Gran Reino, que naveguen na autoestrada das diferentes dimensións, que paseen a súa imaxinación polos diferentes reinos ou polos psiquiátricos e nos digan as súas impresións. E sen esquecer as matemáticas, que van aparecendo detrás das portas ou os enigmas. Ollo!
Un reino que pode ou non ter relación con aquel ao que se refería Celso Emilio Ferreiro en Longa noite de pedra e que aparece recollido no dintel da obra:
"¿Cando
cando se perdeu,
iste gran Reino?"