13/11/14

Títulos matemáticos. Imos co número 10

 
Para non correr o risco de que ningún libro poida resultar invisible nos listados de seleccións matemáticas, aí van un par deles:
Dez eran dez de Xoán Babarro, ilustrado por Lázaro Enríquez, dentro da colección Merlín de Xerais.
Dez parraguesas, dez xoaniñas, dez vagalumes e des abellas... van desfilando por un libro marabilloso no que as ilustracións complementan de maneira singular os textos magníficos do autor. 
Dez abellas na laranxeira de Marilar Aleixandre con ilustracións de Pere Mejan, dentro da colección "O meu mundo" de Xerais.
Trátase de contar para atrás, de ir perdendo perdendo un elemento de cada vez... 
Así nolo presenta a editorial:
"Dez abellas na laranxeira, nove olen o azar, oito asubían contos de amor, sete lamben o zume doce, seis voan dunha folla a outra..."


No hay comentarios: