Xerais
vén de publicar Singamia
1.1 (Queridas máquinas)
de
Ramón
Caride
Ogando,
na
colección Fóra de Xogo. Con
este título remata a triloxía denominada AKTUAL que se iniciara con
Exogamia
0.3
(2011)
e continuara con Endogamia
0.2
(2013).
Os
tres libros de relatos de temática científico-tecnolóxica son
moi oportunos para os clubs de lectura, nomeadamente de carácter
científico, que se prestan a que o lectorado experto desenvolva
unha conciencia crítica e
abra unha liña de debate sobre como
debemos encarar este tipo de avances desde un punto de vista ético.
"Moitos dos acontecementos destes relatos, así como o xeito en que suceden, non serían posibles hai cinco anos. Só hai que mirar ao noso redor para poder ver o que temos diante dos ollos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario