Seleccionamos para conmemorar o Día Internacional da Muller dúas historias que aínda hoxe teñen vixencia, unha publicada hai 40 anos e outra, ambientada no século XIX.
As mulleres e os homes de Catroventos Editora, con texto do Equipo Plantel e ilustracións de Luci Gutiérrez, foi publicado en 1978 mais a historia que conta está de plena actualidade xa que os cambios producidos para acadarmos unha sociedade igualitaria non son suficientes.
O cómic Sally Heathcote. Sufragista publicado por La cúpula e coautoría de Mary M. Talbot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot, conta a historia das mulleres inglesas que loitaron polo dereito ao voto feminino.
Ambos os dous libros forman parte das novas maletas de banda deseñada, As mulleres e os homes na de primaria e Sally Heathcote. Sufragista, na de Secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario