Porque a poesía non traba, enchemos as nosas bibliotecas de poemas.
Entre as propostas, destacamos "Para facer o retrato dun paxaro" publicado en Kalandraka, porque como dín na presentación editorial "Un lenzo, unha paleta de cores e un pincel bastan para trazar as liñas da gaiola na que se acabe pousando o noso paxaro. Unha espera paciente, que pode ter a súa recompensa se a ave nos agasalla co seu canto."
Para un lectorado xuvenil propoñemos o último premio Jules Verne de literatura xuvenil 2018 Aplicación instantánea de Carlos Negro e publicado por Xerais.
Os diferentes avatares responden á pregunta Que é para ti un poema?. Eis unha das respostas:
Os diferentes avatares responden á pregunta Que é para ti un poema?. Eis unha das respostas:
Que é para ti un poema?
Unha motoserra do sentido completo.
Un des-corrector ortográfico.
Unha sílaba alucinada.
Un disturbio semántico.
Unha oración atea.
Unha bomba fonética.
Un punto de non retorno.
E, por último, recomendamos unha pequena alfaia: Poesía mínima/ Minimal Poetry de Helena Villar Janeiro, publicado en Alvarellos Editora.
Este poemario componse de 50 fotopoemas (en edición trilingüe), cousas sinxelas que constrúen o universo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario