Europa Express de Andrea Maceiras gañou o
Premio Jules Verne de narrativa xuvenil, na edición de 2015.
A novela, publicada recentemente na
colección Fóra de xogo de Xerais, está protagonizada por un
grupo de mozos e mozas que realizan unha viaxe Interrail por Europa ao rematar
os seus estudos. Desenvólvese por distintos países e en distintos tempos (a
actualidade e dez anos atrás, o tempo da viaxe) e unha postal serve para que
Nico inicie o retorno ao pasado en busca de respostas ante a traxedia. Esta vai
ser o pulso da vida de cada un dos personaxes, ela vai tecendo unha arañeira,
unha trama psicolóxica á par da aventura de cada un deles na busca da súa
identidade.
Outros temas coma o amor, a amizade, o
desencanto da vida, os conflitos de identidade enriquecen a trama.
Novela recomendada para a lectura persoal e compartida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario