unha recreación divertida d´A illa do tesouro de Stevenson. Conservan os personaxes, manteñen os fitos clave, pero cunha lente deformante segundo a súa visión humorística. Xa nos advirten na nota aclaratoria inicial: Ten coidado, porque é un libro pantasma e en calquera momento, mentres o les, pode evaporarse e desaparecer de entre as túas mans.
Indicado para lectores autónomos, esta versión pode convidar a ler a novela orixinal e introducir os clásicos nas propostas lectoras das bibliotecas escolares.
Os creadores xa publicaron, na mesma editorial As estrambóticas viaxes de Gulliver e O estrambótico Principiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario