Trátase da
recuperación dun dos libros deste autor para o lectorado autónomo; as ilustracións
son do Premio Nacional de Banda Deseñada: Miguelanxo Prado.
No primeiro deles,
que lle dá nome á obra, unha nena valente cambiará o discorrer das cousas,
cando os camiños secretos do soño lle comuniquen o perigo que corre seu irmán.
No segundo, “A maldición
da néboa”, será tamén unha nena a que vaia á Torre dos Corvos (morada de
antigos deuses que noutros tempos gobernaran o mundo) para enfrontarse ao
incomprensible, e así poder espertar a todos os que dormen desde a chegada da Néboa
Negra.
O recente Premio dos Clubs de Lectura comenta”Ademais
de consolidar nos nenos e nenas o pracer de ler con historias que os fascinen, é
inevitable que dun xeito máis ou menos explícito, transmita a miña visión do
mundo. Un mundo onde non haxa lugar para a dominación dunhas persoas por
outras. Un mundo onde a liberdade e a xustiza sexan valores básicos”.
3 comentarios:
Este libro encantoume moitisimo por que recordoume as millas Cíes pola noite parecía ser dun sonó
Encantoume,porque cando o estaba lendo era como si estuvera vendo unha pelicula de aveturas inimaxinables
.Encantoume leelo de neno porque de maior non me ubera gustado tanto como me gustou cando o lein. E como unha esplosión de ideas lle caera de repente no seu despacho.
gustoume moito este libro porque é interesante
Publicar un comentario