Kalandraka continúa nesa labor imprescindible
de traernos aos clásico da literatura infantil universal. E así, vainos achegando esas obras que
moitas veces xa ficaban descatalogadas e que nunca tiveramos na nosa lingua. Así sucede coa serie de Osiño.
A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell
e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
As marabillosas e expresivas imaxes, as
situacións que deben resolverse da maneira máis axeitada, os textos mínimos...
E canto á Gatiño e as vacacións, contasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan
a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao
mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co
pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a
Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e
a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben:
papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!,
porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de
compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un
lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de
familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O
traballo coa memoria a través das repeticións...
No hay comentarios:
Publicar un comentario