Con texto de Else Homelund Minarik e ilustracións de Maurice Sendak, a serie de Osiño.
Frases
moi curtas e sinxelas. Historias cheas de tenrura envoltas nun humor especial e
unhas relacións que remiten ao mellor da infancia. Osiño e os seus amigos
(Galiña, Parrulo, Gato, Bufo...), Osiño e a súa familia: pais e avós.
Catro libros, cada un con catro historias arredor dun eixe
temático, así, en Osiño atoparemos “Que vestirá Osiño?”, “Sopa de aniversario”,
“Osiño vai á Lúa” e “O desexo de Osiño”. Todas as historias xiran arredor de Osiño
e súa nai, o cariño e o sentido común ao lado da parte divertida que pon en solfa
o que semellaba non estar claro. En Papá
Oso volve á casa cóntanse aventuras relacionadas co seu pai, a aventura de
andar pólo mar e os mitos salpresando a vida. A visita de Osiño conta a visita de Osiño aos avós, cómo a avoa lle
conta o conto de cando Mamá Osa era pequena e coidou un paporroibo ata que o
deixou voar para que fora feliz e el volveu e os fillos dos seus fillos o seguen
a facer, cómo o avó lle conta o conto do trasno que ten medo os seus zapatos...
En Un bico para Osiño,
cóntasenos a historia do bico que a avoa lle envía a Osiño para agradecer o
debuxo que lle enviou e como ese bico dá voltas e voltas… Ese debuxo de Osiño lembraranos
a algún outro de Sendak. A ilustración deste volume cambian un pouco de estilo coas
anteriores, resultan máis barrocas, máis natureza, menos personificadas máis
debuxo do natural.
1 comentario:
Introduce tu comentario...
Publicar un comentario