Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey e con ilustracións de Laura Súa Campo.
Ilustracións con moito movemento e moita liña curva, ás veces cun aire que lembra aos debuxos doutra época.
Desa época é o relato. Unha historia de guerra, de recuperación histórica no mellor sentido da palabra. Unha historia con lirismo, que pode lembrar as de Juan Farias.
Un neno que admira ao amigo do seu pai, o home lagarto. Porque os homes lagarto soben aos postes, voan dun lugar a outro en bicicleta... son os celadores da telefonía. O neno, Mundo, quere ser coma el, celador de telefonía. A admiración ha ir máis alá da bicicleta e facilidade para escalar, porque un día desaparece o pai e será este amigo o que axude á familia levándolle algo que comer pero tamén noticias do pai.
Farao mediante libros, neles van as mensaxes do "desaparecido". Porque nesa época desaparecían... o humor de Fina esmaga con contundencia: seica os levan "de paseo". Pero xusto cando debería estar rematando a guerra deteñen a este home lagarto. Haberá que facer sacrificios para que esa forza descoñecida na que queremos confiar nolo traia, igual que trouxo ao pai; haberá que deixar de respirar, haberá que tentalo.
El rayo que no cesa, e o seu autor, Miguel Hernández, están presentes na historia.
5 comentarios:
A min o libro que me gustaria propoñer chamase "el gran libro del Reino de la Fantasía.
A min o libro que me gustaria propoñer chamase "el gran libro del Reino de la Fantasía.
A min gustoume moito encantome la verdad e dos mellores que e leído en gallego OS yo recomendo moitisimo
me parece un libro muy entretenido
Gustoume moito
Publicar un comentario