3/7/15

A AELG homenaxeou a Xosé Mª Álvarez Cáccamo, poeta -tamén- para a infancia



A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXI edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé María Álvarez Cáccamo, que foi homenaxeado no Concello de Vilaboa.
Consiste este galardón na entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha moreira branca elixida polo propio autor), a colocación dun monolito conmemorativo e a atribución do nome do homenaxeado a un espazo público, neste caso á avenida o Parque Público Poeta Xosé María Álvarez Cáccamo.

Con esta homenaxe do gremio de escritores Álvarez Cáccamo suma o seu nome ao dos escritores celebrados en anteriores anos, como Manuel María, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza, Agustín Fernández Paz ou o último, Xabier P. Docampo, entre outros grandísimos nomes das nosas letras.
(Da páxina de Fervenzas Literarias)
O autor conta, coas seguintes obras de literatura infantil: 
    • Ganapán das palabras, 1998, Kalandraka.
    • Dinosaurio Belisario, 2001, Kalandraka.
    • Lúa de pan, 2002, Edicións do Castro.
    • O segredo do pan, 2005, Obradoiro.
    • Un home impuntual, 2010, Galaxia.
    • Pedro e as nubes, 1996, O Barco de Vapor 
     

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu leín este libro e gustoume moito porque había moitos poemas , algúns deles moi divertidos .
Recomendolle a xente á que lle gusten os poemas que lexa este libro xa que está moi ben .

Anónimo dijo...

Gústame moito o libro, ten poemas moi bonitos