Con Castelao, entre as mans.
María Solar, coa obra O meu pesadelo favorito, é a ganadora do premio Lazarillo de Literatura infantil 2014.
O último premio Lazarillo que recalara en Galicia fora para Marcos Calveiro con O pintor do sombreiro de malvas.
Sempre nos enche de ledicia un premio, sempre é un recoñecemento para a nosa literatura, pero aínda máis cando lle corresponde a unha muller que xa leva un tempo alimentando o sistema literario galego con obras como Vou ter un irmán!, O tempo do revés, Boa sorte, O fillo do pintamonas, As meigas de Lupa, A verdadeira historia da mosca da tele...
A xornalista e presentadora da radio e a televisión de Galicia, a quen lembramos nos magníficos Zig zag da TVG, conta tamén cos cadernos didácticos Ecoloxía na aula e O libro do noso mar da editorial Lea.
Lembramos tamén, que a súa novela xuvenil As meigas de Lupa é un dos textos que pasou a transformarse en narrativa transmedia, tal como aparece recollido na seguinte entrada de Rede Lectura.
Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario