12/12/14

Cen anos de "Platero y yo"

 

 
Si, hai cen anos que se publicou Platero y yo, dínolo google, os cadernos de bibliotecas escolares e case o vento que nos trae a dozura dun texto no que o amor por un animal é protagonista.
Ese principio que se repite ao longo do tempo para remitirnos á poesía escrita en prosa:
"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."
E lembrando, lembramos... que houbo un tempo no que os nosos maiores tiñan tanto interese en mostrar aos rapaces o mellor da literatura universal na nosa lingua, que un home o traduciu ao galego. Era Manuel Beiras, que tamén fixera a adaptación dos contos de Grimm.
Visto o visto, só podemos pensar qué facemos para continuar con esa labor, propia de Sísife de continuar ofrecendo libros en galego á rapazada. Que facer agora cando o mesmo Neira Vilas acaba de afirmar ao recibir o premio de Cultura (hai dous días) "un orgullo para todos pensar que este pequeno país ten un idioma propio no que se escribe unha literatura que está á altura de calquera literatura europea".
Ser bilingüe é iso, defender o propio e estar capacitado para ler, tamén en castelán, ese outro idioma tan de noso. Ser galego é iso, apoiar o libro galego e poder emocionarnos lendo tamén noutras linguas, pero non deixar de protexer o propio (porque ninguén máis o poderá alentar se non o facemos nós).  
Beizóns a Juan Ramón Jiménez! Lembremos a biografía dese Nóbel que, entre outras cousas,  acolleu rapaces orfos na guerra...


1 comentario:

Anónimo dijo...

ME GUSTO BASTANTE POR TODOS LOS CUENTOS TRISTES E ALEGRES