Estes días ao pasar polas librarías, preguntade polas ofertas. Hai moitas máis das que se vos foron contando a través deste blogue, coleccións como a de óperas na que se funden música, literatura e arte a través de libretos adaptados, unha pequena biografía do compositor e fragmentos sonoros interpretados por prestixiosos concertistas. Toda a colección destinada a espertar o interese infantil por este xénero musical.
A colección Pequechos cos animais máis sorprendentes de cada ecosistema, con Pequechos do deserto, Pequechos das praderías e das sabanas, Pequechos dos ríos e dos lagos, Pequechos da selva, Pequechos das montañas e Pequechos das terras polares.
Tamén podedes atopar a triloxía "A materia escura" (cos títtulos A aurora boreal, O anteollo de ámbar e O coitelo sutil) de Philip Pullman, encadernados en cartoné, con deseño de Marc Taeger e tradución de Fernando Moreiras.
Para
aqueles que queiran agasallalos, para os que queiran lelos, para todos
eles e elas...
Nunca
tanta propaganda se fixo desde este blogue e debe entenderse dentro
dunha campaña para facer fronte ás últimas estatísticas a respecto da
lectura en galego.
Hai
tanto que facer, que non nos queda máis remedio que evitar os obstáculos
posibles como a carestía do produto, por iso, unhas entradas de Rede
Lectura para todos aqueles que teñan moitas ganas e non tantos cartos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario