Desde Fervenzas literarias:
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.

A aplicación Sempre en
Galiza está estruturada en diferentes apartados. Os usuarios que se
descarguen a app terán acceso tanto ao libro completo como a contidos
complementarios, como estudos sobre o proceso de elaboración, o pensamento
político de Castelao e as ideas lingüísticas realizados por Alfonso Mato,
Henrique Monteagudo, Ramón Maíz e Xusto Beramendi; os cadernos manuscritos;
material sobre Castelao, que inclúe unha biografía, unha fotogalería e un
interesantísimo video gravado por Elixio González en Bos Aires a partir de
1940.
Sempre en Galiza
supón unha das obras máis importantes sobre a identidade galega. Publicouse no
ano 1944 en Arxentina, país onde se exiliou Castelao tras o alzamento militar. O
libro inclúe artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado
especificamente para a obra por parte do político e escritor
rianxeiro."
Aquí, na páxina do Consello, está o enlace para a descarga.
Aquí, na páxina do Consello, está o enlace para a descarga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario