O portal web Portico of Galician Literature, que foi posto en marcha en 2012, ofrece un breve percorrido pola historia de
Galicia e da súa literatura.
O obxectivo
desta iniciativa é promover a proxección internacional das letras galegas a través da
rede. Está promovida pola Secretaría Xeral de Cultura e pretende converterse nun referente da literatura galega para o ámbito anglófono
e, en xeral, para a proxección internacional das letras galegas.
promover a proxección internacional das letras galegas a través da
rede.
Ademais da información sobre os escritores, das sinopses e da
tradución dalgúns fragmentos, o portal tamén serve de escaparate para a
difusión de títulos da literatura galega publicados en inglés, entre os
que se inclúen ‘Merlín e familia’, de Álvaro Cunqueiro; ‘A lingua das
bolboretas’ e ‘O lapis do carpinteiro’, de Manuel Rivas; ‘Memorias dun
neno labrego’, de Xosé Neira Vilas; ou ‘Bestiario dos descontentos’, de
Miguel Anxo Murado.
En 2013, o portal exterior da literatura galega integrou
fragmentos de obras de novos escritores, engadindo ao catálogo extractos textuais de Suso de Toro, Xavier Alcalá, Teresa
Moure ou Antón Riveiro. Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Agustín
Fernández Paz, Miguel-Anxo Murado, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas
completan a relación de autores deste portal das letras galegas en
inglés.
No 2014, incorpóranse ‘Dime algo sucio’, ‘Ámote Leo A. Destino Xalundes’, ‘Dragal I: A
herdanza do dragón’, ‘Papaventos’ e ‘Así nacen as baleas’, a través dunha breve sinopse en inglés de cada obra e mais dunha
mostra de 40 páxinas traducidas a esta lingua de cada unha delas.
Así se conta no portal educativo
No hay comentarios:
Publicar un comentario