Levan anos organizando esta cita anual e xa van pola décimo novena edición (Festival Internacional de Títeres Galicreques) e facéndoo cunha calidade digna dunha resposta realmente contundente.
É a xente de Cachirulo, un par de promotores culturais e teatrais que chegados de lonxe adoptaron o noso idioma e fixeron de Galicia a súa casa. Así a coidan!
Agora, baixo o paraugas da Asociación Barriga Verde presentan o programa deste festival 2014 para levar a cabo en distintos espazos de Santiago (Teatro Principal, Zona “C”, o SGAE-Fundación Autor,
ademais das prazas de San Martiño Pinario, Toural e Praterías, Praza
Roxa, Paseo Central da Alameda e A Regadeira de Adela) entre o 27 de setembro e o 5 de outubro
coa participación de 21 compañías galegas e de fóra de Galicia. Nesta ocasión presenta un ciclo dedicado ao autor
Julio Cortázar, ademais de 65 representacións de 28 espectáculos para
todos os públicos, obradoiros e exposicións arredor do mundo das
marionetas.
Representacións para pequenos e grandes.
Non as perdades!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Aquí podemos acceder ao programa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario