27/8/14

Un libro para a negra sombra


É un clásico. A referencia continua a esa negra sombra que acostuma acompañarnos para poder explicar as zonas de escuridade. 
Pois ben, a negra sombra volve a Rosalía a través dun conto infantil de Miro Villar, magnificamente ilustrado por Xosé Cobas, A pantasma da casa da Matanza.
Editado por Biblos, este conto rimado que fora publicado por primeira vez nunha edición colectiva e non venal (Quen casa ten de seu) conta co Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil da AGE (Asociación Galega de Editores).
 

No hay comentarios: