Na prensa, recollemos unha información, acerca da apertura dunha nova libraría en Santiago. O seu nome "O fogar das palabras", os seus promotores Urco Editora e Contos Estraños.
Así se definen e convidan:
«Trátase dun novo concepto de libraría, onde non
soamente compartimos a paixón pola lectura, tamén o facemos pola escrita. Para
iso creamos unha aula onde poderás participar nos nosos talleres, sempre
relacionados co mundo literario e editorial, e impartidos por profesionais do
medio. Neste novo espazo poderás entrar en contacto tanto con novos escritores
como con editores, tradutores, ilustradores, deseñadores… Participar ou
organizar presentacións de libros, recitais poéticos, palestras lingüísticas e
calquera actividade relacionada co mundo do libro e as palabras. Creamos tamén
un selo editorial para as vosas auto-edicións, as cales, e en cooperación con
Sacauntos Cooperativa Gráfica vos axudaremos a sacar adiante desde a libraría
con presentacións, venda e presenza nas feiras culturais ou do libro nas que
participemos."
Gustaranos pasar por alí e ir vendo as novidades que ambos selos andan a sacar á luz, pois o esforzo en tradución que a segunda delas está a facer, ven o merece.
Benvidos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario