"O xurado desta modalidade acordou outorgar por unanimidade o premio a Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz publicado por Edicións Xerais de Galicia. O xurado apuntou como razóns para premiar esta obra "a súa capacidade de enfiar cine e literatura na arquitectura da novela, unha das marcas poéticas do autor; o tratar problemas da sociedade de hoxe que levan á invisibilidade dos excluídos, aínda que a historia se sitúe nunha etapa anterior á crise; o facelo con humor, fina ironía e unha ollada atenta aos problemas profundos da nosa sociedade; e, por último, pola súa mensaxe final que, malia as denuncias, está cargada de optimismo e esperanza nun futuro mellor."
Esta obra tamén acadou o Premio AELG ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, 2012
As ilustracións de Miguelanxo Prado complementan de maneira inmellorable unha obra editada con todo o detalle ao alcance. Prado podería considerarse o ilustrador de cabeceira dos libros de Fernández Paz. Unha parella a ter moi en conta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario