12/12/12
POESÍA E FOTOGRAFÍA
Xardín de inverno, o novo libro de Ledicia Costas, é unha boa mostra de fotografía poética ou poesía fotográfica. Nel danse a man Ledicia e DNL, o mesmo que ilustrara Páxinas de carricanta ou Mans, sempre con fotografías.
Xardín de inverno é o que temos en Galicia. Xardíns de camelios que florecen nesta epoca, de camelias que estran os chans das hortas e parques. Este é o meu xardín, di unha muller que ben o merece, cando pasa por un dos parques da cidade. "Xardín de inverno" ten algo de tristeza escrita nos xenes, de muller que expresa os seus silenzos, de aí que non nos sorprendan poemas como este:
"fálanme ao oído e son máis de unha:
a conciencia da miña nai,
a voz da miña avoa
(hoxe soñei que estaba viva
pero aparecía con cara de morta),
as palabras desgarradas das que me escoitan
a moitas outras non as coñezo de nada,
pero sei que teñen 14 cordas vocais
todas elas recítanme versos de lobishomes
e de mundo
tantas voces levo ao lombo
(mulleres de palabra viva
mulleres de carne)
que ás veces nácenme antenas no corazón
escóitoas en estéreo
teñen o costume de falarme á vez,
unhas sobre outras
son surtidores de verdades"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario